Publicador de contidos

Publicador de contidos

25 anos de Raiolas, un referente en Lugo para as persoas con TEA

25 anos de Raiolas, un referente en Lugo para as persoas con TEA

A financiación e a busca de oportunidades son dúas das demandas desta asociación creada por familias de persoas con autismo

G24.gal 14/12/2025 14:23

Raiolas, a asociación creada en Lugo polas familias con autismo, celebra esta semana os seus 25 anos de vida como estrutura e referencia para as persoas con TEA.

Esta organización non cesa nas súas reivindicacións, como a dun financiamento maior para poder continuar cos servizos e o apoio que ofrece ás persoas con autismo.  Tamén seguen demandando que a sociedade lles dea unha oportunidade ás persoas con TEA para que poidan entrar no mercado laboral, un eido ao que poden achegar as súas habilidades.

As persoas con TEA adoitan ter habilidades relacionadas coas ciencias, as artes ou a tecnoloxía, por exemplo; campos nos que destacan moitas persoas con autismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade