Publicador de contidos

Publicador de contidos

A odisea de buscar un piso de estudantes cando os prezos soben curso tras curso

A odisea de buscar un piso de estudantes cando os prezos soben curso tras curso

Nos últimos cinco anos moitas vivendas duplicaron o seu prezo nas cidades universitarias

Os estudantes de primeiro ano e os bolseiros Erasmus son os que máis difícil teñen atopar piso

G24.gal 12/07/2025 13:54 Última actualización 12/07/2025 14:35

O alumnado que o próximo curso entrará na universidade é o que máis difícil ten atopar aloxamento en cidades como Santiago. A pouca oferta de vivenda fai que os prezos se incrementaran en tan só dous anos, en máis de 100 euros por estudante.

As ringleiras de estudantes que vimos estas semanas ás portas das inmobiliarias son unha imaxe do que se está a converter o mercado de alugueiro nas cidades universitarias. Recordan as portas dos comercios doutrora cando comezaban as rebaixas, pero aquí o prezo no canto de ter desconto sobe cada ano. 

"Como hai un déficit de alugueiro aproveitan iso e estamos alimentando máis a bóla. Cada vez piden máis. Eu empecei con alugueiros de cuartos por 200 euros en pisos compartidos e agora están pedindo 350, en dous anos"

Outro problema é o estado en que están algunhas vivendas. Mariola asegura que o labor das inmobiliarias é mediar entre propietarios e inquilinos para evitar problemas a medio curso, e que a mellora dos pisos redunda tamén nos coidados.

"Hai pisos que chegas, que son vellos e non investiron nin nun somier, e entón os inquilinos non se preocupan por raiar o chan. En cambio teño alugado pisos novos e devolvelos mellor incluso. Se isto queda regulado, isto vai ir moito mellor. Todos temos dereito a unha vivenda digna, tanto os estudantes como as familias, entón hai que buscar o equilibrio"

Asegura que aínda quedan vivendas dispoñibles que non están no centro da cidade pero si arredor dos campus. A maioría dos alumnos que continúan cos seus estudos xa negociaron o alugueiro ou cambiaron de piso antes de rematar o curso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade