Publicador de contidos

Publicador de contidos

Afronta seis anos de prisión por un intento de homicidio nun edificio ocupado de Ribeira

Afronta seis anos de prisión por un intento de homicidio nun edificio ocupado de Ribeira

O suposto agresor golpeou a vítima cun "martelo ou unha pata de cabra" provocándolle danos cerebrais graves

Golpeouno porque pensou que a vítima lle roubara uns cartos, que realmente gastara en cocaína, segundo el mesmo recoñeceu

G24.gal 17/07/2025 14:36

Era un "pringado con cartos", segundo el mesmo se definiu, e nega que discutiran porque estaban a boas. Vítima e suposto agresor coñecéronse comprando cocaína e foron, dixo, como Epi e Blas durante tres días de amizade que acabou fatal.

"Foi un tema de drogas. O agresor o día anterior ameazara a vítima e posteriormente, ao día seguinte, emprendeuna a marteladas ou outro tipo de utensilio que atopou polo cuarto. Os danos son considerables. Ten danos neurolóxicos, funcionais e agora mesmo está nunha situación de grande invalidez", explica Antonio Rodríguez, avogado da vítima.

Lesións que o mantiveron máis de 100 días no hospital, 23 en coma, debaténdose entre a vida e a morte. Agora vive nun centro de atención a persoas con dano cerebral, dende onde declarou hoxe. Identificou o agresor, pero máis polo que lle contaron que polo que recorda. 

Foi un enfrontamento froito da alteración mental que provoca o consumo de drogas. Recoñeceuno o propio acusado. Despois de tres días consumindo cocaína de maneira intensa, botou en falta cartos. Sospeitou de Coco, o alias da vítima, e suponse que foi por el cun martelo ou cunha pata de cabra, non está claro, pero días despois, segundo recoñeceu hoxe, foi consciente de que os mil euros que sacou do banco se foran na cocaína de tres días.

O xuízo quedou visto para sentenza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade