A artesanía con alma atlántica de Zenit de Adolfo Domínguez abre a Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid
A artesanía con alma atlántica de Zenit de Adolfo Domínguez abre a Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid
Unha colección inspirada nas cores de Galicia e na súa artesanía
A firma A.D. fai medio século en 2026
Despois de 14 anos, agardado regreso de Adolfo Domínguez á Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid ao xuntarse dous bos motivos como nos conta Adriana Domínguez, presidenta executiva da firma.
40 anos de Cibeles e 50 nosos merecían un matrimonio e estar xuntos.
Na Galería de Cristal do Palacio de Cibeles, a colección Zenit de primavera-verán 2026 brillou con esa referencia ao punto álxido que todos arelamos tras soltar lastre e sumar progresos, como a propia firma. Tiziana Domínguez, directora de deseño da firma explica o que imos encontrar nas pezas.
A través dunha patronaxe experimental, pezas que están perfectamente perpendiculares por un lado e logo, a outra metade de, por exemplo, unha camisa que cae polo brazo abaixo, unhas saias lapis igual, tamén se soltan nun drapeado inesperado e bordados que nunca acaban e se transforman en flocos.
Todos os bordados, flocos e fíos que caen teñen moito encaixe de Camariñas engade a presidenta executiva, que se noten na artesanía as mans que a teceron.
Artesanía e puntadas perfectas en tons naturais e nunha ampla gama de azuis atlánticos e rosa salmón. Os tecidos, algodón, pel e lino, no que reivindican a engurra que dignificou a marca nas súas orixes, vai para 50 anos o ano que vén. Prometen celebralo para xaneiro cun documental sobre o home e a súa firma, con reflexo atlántico.