Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Chipperfield destaca o potencial de Galicia para avanzar na sustentabilidade no seu ingreso na RAGC

David Chipperfield destaca o potencial de Galicia para avanzar na sustentabilidade no seu ingreso na RAGC

O arquitecto británico asegura que a comunidade ten mellores condicións ca outras rexións para acadar os obxectivos ambientais

A Real Academia Galega de Ciencias resalta a súa traxectoria internacional e o compromiso cos retos sociais

WOLFGANG HERZOG/EUROPA PRESS WOLFGANG HERZOG/EUROPA PRESS
G24.gal 17/09/2025 19:21

O arquitecto británico David Chipperfield subliñou este mércores que Galicia conta cunhas condicións físicas, ambientais, sociais e comerciais que lle ofrecen unha “grande oportunidade” para alcanzar os obxectivos de sustentabilidade con máis facilidade ca noutras partes do mundo.

Fíxoo no seu discurso de ingreso como académico na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), titulado Common Ground, pronunciado no Pazo de San Roque.

Un recoñecemento á súa traxectoria

O catedrático emérito de Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica da Universidade de Vigo, Pedro Merino, foi o encargado de pronunciar a laudatio. Pola súa parte, o presidente da RAGC, Juan Lema, deulle a benvida e destacou que a súa incorporación “enriquece a Academia e reforza a súa misión de unir ciencia, cultura e sociedade en beneficio do pobo galego”.

Lema salientou que a institución recoñece non só un dos arquitectos máis influentes da nosa época, senón tamén un pensador, urbanista e cidadán comprometido cos grandes retos globais. Subliñou que a súa obra é admirada en todos os continentes pola integridade, a claridade e o respecto ao lugar e á historia.

Chipperfield foi profesor de deseño en diversas escolas de arquitectura do Reino Unido e docente convidado en varias universidades europeas e estadounidenses.

Ao longo da súa carreira traballou tanto en proxectos de edificación e urbanismo como no deseño de mobiliario e interiores. É membro do Royal Institute of British Architects (RIBA) e membro honorario do American Institute of Architects e do Bund Deutscher Architekten.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade