Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago de Compostela, candidata a ser Cidade Europea da Ciencia en 2028

Santiago de Compostela, candidata a ser Cidade Europea da Ciencia en 2028

A Xunta presentou a súa candidatura este xoves, e, de lograrse a distinción, daríase a coñecer o traballo científico que se fai en Galicia

Colaboran nesta proposta as tres universidades

César Arxina / Europa Press (Arquivo) César Arxina / Europa Press (Arquivo)
G24.gal 12/03/2026 17:07

O Goberno galego formalizou este xoves a candidatura para que Santiago de Compostela poida ser elixida Cidade Europea da Ciencia no ano 2028.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, explica nun comunicado, que con esta presentación remata un traballo de meses coa finalidade de conseguir un novo fito para a I+G+i, a investigación e a innovación feitas na nosa comunidade.

"Iniciamos un procedemento esixente, dado que esta é unha convocatoria moi competitiva e, por tanto, cun obxectivo que non é fácil de alcanzar, pero que fai falta tentalo porque, de conseguilo, supoñería un reforzo para visibilizar o sobresaliente traballo científico que se desenvolve na nosa comunidade, cada vez máis recoñecido a nivel internacional", destacou Román Rodríguez.

Ademais, sinalou, que "a obtención desta distinción levaría aparellada a captación de novos investimentos".

O conselleiro de Educación salientou que a obtención destes fondos beneficiarían tanto a capital galega como as cidades de Vigo e da Coruña.

De feito, a candidatura liderada pola Xunta de Galicia conta como socios galegos coa cidade compostelá e coas universidades de Santiago, de Vigo e da Coruña, que poderían desenvolver actividades nos seus campus dentro da programación. Tamén participa a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica.

Conexión da cidadanía coa ciencia a través do Camiño de Santiago 

O proxecto, que leva por nome Ways, usa o concepto do Camiño de Santiago para conectar a cidadanía coa ciencia inspirándose no espírito de intercambio e mobilidade que caracteriza a ruta xacobea.

Con esta finalidade, propóñense converter o proxecto nun percorrido europeo que une tres rexións: Galicia (España), Pomorskie (Polonia) e Emilia- Romagna (Italia) a través das cidades de Santiago, Gdynia, Rávena e Módena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade