Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carmen García Mateo toma posesión como primeira reitora da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo toma posesión como primeira reitora da Universidade de Vigo

A nova reitora pediu financiamento para a captación de talento, consolidar os grupos de investigación ou potenciar a interaccion internacional

G24.gal 25/06/2026 16:56 Última actualización 25/06/2026 17:48

Carmen García Mateo tomou este xoves posesión do cargo de reitora da Universidade de Vigo, converténdose na primeira muller en ocupar este posto en 36 anos de historia da institución. A nova reitora promete traballar por unha universidade "excelente, moderna e igualitaria".

O acto celebrouse na Facultade de Ciencias Económicas no campus da Universidade de Vigo e nel participaron representantes da política, a empresa e a sociedade galega, encabezados polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. O mandato de Carmen García Mateo, enxeñeira de Telecomunicacións e catedrática de Teoría do Sinal, será de seis anos improrrogables.

No seu discurso revindicou tres bandeiras: "a do coñecemento e a excelencia; a da lingua e a ciencia aberta; e da modernidade e o progreso". A nova reitora pedíulle ao presidente da Xunta "confianza e financiamento" para retos como a captación de talento, consolidar os grupos de investigación ou "poteciar unha ambicionsa interaccion internacional".

Na clausura do acto, Alfonso Rueda ofreceulle a "colaboración leal" para o obxectivo compartido de manter unha universidade "pública, de calidade e innovadora". O presidente da Xunta apelou ao diálogo para afrontar desafíos como o novo plan de financiamento universitario ou a mellora do mapa de titulacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade