Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta mide a súa ambición europea ante o potente Lión

O Celta mide a súa ambición europea ante o potente Lión

Fonseca terá que xogar ante o Celta con numerosas baixas

G24.gal 12/03/2026 18:49 Última actualización 12/03/2026 18:56

O Celta de Vigo mide hoxe xoves ante o Olympique de Lión a súa ambición na Liga Europea nunha eliminatoria que os galegos encaran no seu mellor momento da tempada a nivel futbolístico e invicto no seu feudo en competición continental, mentres que o seu rival atravesa un baixón de forma que o apartou da pelexa polo título ligueiro.

O mal momento dos franceses, pese ao acicate que supuxo a cesión do dianteiro brasileiro Endrick desde o Real Madrid, mete máis presión ao Celta, que sufriu o revés da baixa de Miguel Román pola grave lesión que lle fará perder o que resta de tempada. O Lión foi o campión da primeira fase da competición continental con sete vitorias e unha soa derrota -ante o Betis no Villamarín-, o que lle outorga, a priori, o papel de favorito, a pesar da súa mala dinámica e as numerosas baixas que sofre.

O equipo dirixido polo portugués Paulo Fonseca caeu da pelexa polo título da Ligue 1 tras sumar un só punto do últimos nove en xogo, ademais de perder ante o Lens nos cuartos de final da Copa. O Celta ten a oportunidade de redimirse da eliminación hai nove anos en Old Trafford ante o Manchester United de José Mourinho, que o privou de meterse na final da Copa da UEFA. Aquel día, Iago Aspas prometeu deixar a pel por devolver o equipo da súa vida a unha semifinal. E esta tempada ten, probablemente, a última oportunidade para conseguilo. O capitán celeste xa foi decisivo na anterior eliminatoria ante o PAOK. Sen minutos de inicio nos últimos partidos de Liga, hoxe volverá á titularidade ante o Lión.

Fonseca terá que xogar anto Celta con numerosas baixas, tanto por lesións, como por sanción ou por non estar rexistrados na competición. Non poderá contar con Fofana, Sulc, Moreira, Maitland-Niles, Kamara e Hateboer

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade