Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cidade da Coruña conserva arredor de cen xoias da arquitectura modernista

A cidade da Coruña conserva arredor de cen xoias da arquitectura modernista

O arquitecto Alberto Fuentes organiza visitas guiadas. Tamén hai rutas organizadas polo Concello.

G24.gal 18/02/2026 21:22

Construída en 1911, Casa Rey, na Mariña, é un dos edificios máis significativos do modernismo coruñés.

"Esta casa xa fai a versión coruñesa do Modernismo coas galerías integradas e mesmo inclúe o que pretendía o modernismo teórico que era o das obras completas que albergasen arquitectura, pintura e escultura", sinala o arquitecto Alberto Fuentes, divulgador da arquitectura modernista galega a través da Internet e as redes.

Outra das pegadas concéntrase na praza de Lugo. Entre as edificacións, a que ocupa o número 13 coa súa fachada case teatral:

"Feita por unha muller, promovida por Jerónima Arambillet, que era propietaria dunha empresa de mistos. A Casa Arambille e un dos exemplos tamén máis floridos do modernismo coruñés xunto coa Casa Rey".

Liñas curvas, ornamentación. Formigón e ferro como novos materiais que aparecen en edificios con novos usos como o dos antigos almacéns de San Nicolás.

"Este é un dos poucos casos de arquitectura asimétrica, é dicir, se partimos o edificio á metade as partes dereita e esquerda son distintas para ter moi máis escaparate. E o portal está relegado a un lateral".

A Art Nouveau da arquitectura chega á Coruña en 1897 nun momento de expansión urbana.

"Era un momento de moito auxe construtivo. Chegou haber ata oito arquitectos modernistas construíndo ao mesmo tempo". 

Como divulgador, o arquitecto Alberto Fuentes organiza visitas guiadas. Tamén hai rutas organizadas polo Concello. A cidade conserva ao redor de cen destas xoias arquitectónicas do Modernismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade