Cargando resultados...
O Rácing gaña (0-1) en Valdebebas e logra o coliderado xunto co Tenerife
Terceiro triunfo seguido dos racinguistas, que xa pensan no derbi da fin de semana ante o Lugo
Foto Rácing de Ferrol
G24.gal
17/09/2025 18:12
Última actualización 17/09/2025 19:45
Importante vitoria do Rácing de Ferrol en Valdebebas ante o filial do Real Madrid.
Os galegos marcaron no minuto oito, gol de Antón Escobar, pero o colexiado anulouno por fóra de xogo despois de revisar o VAR.
No tempo de prolongación marcou Pascu. Golazo do atacante rematando no punto de penalti coa dereita un saque de esquina. Con ese gol o Rácing marchaba ao intermedio por diante.
Álvaro Ramón entrou na segunda metade por Saúl, que recibira cartón amarelo. Tivo pouca historia este segundo tempo. A ocasión máis clara foi de Jairo Noriega que puido pechar o partido.
A seguinte cita será o derbi do Anxo Carro ante o Lugo.