Publicador de contidos

Publicador de contidos

A rápida intervención dos veciños de Monte Alto, na Coruña, evitou unha nova ocupación ilegal

A rápida intervención dos veciños de Monte Alto, na Coruña, evitou unha nova ocupación ilegal

Axudaron ás propietarias, que viven fóra da cidade, a recuperar a súa vivenda

G24.gal 12/09/2025 13:53

Nova tentativa de ocupación na Coruña. Desta volta, no número 9 da rúa San Xurxo, en Monte Alto. E foi unha veciña do inmoble lindeiro quen se decatou do que acontecía. 

Contounos que este mércores, ao volver de traballar, viu na pechadura unha cadea e un cadeado. Estrañada, comentoullo ao seu marido e ambos os dous chamaron á porta. 

Viron que a parella que lles abría non eran os donos da vivenda. Así que, advertíronos de que ían chamar a policía. Trataron tamén de localizar as donas da casa, que viven fóra da cidade. 

Chegaron 24 horas despois, e a parella xa marchara. Daquela, puideron acceder sen problema, coa Policía Nacional, ao interior do inmoble. Unha vez dentro, segundo nos explicou unha das propietarias, que tampouco quixo falar diante da cámara, decatáronse de que lles roubaran varios obxectos, malia que non precisou cales.

Esta mañá, a muller permanecía no interior do seu vehículo ás portas da vivenda, segundo nos dixo, facendo garda... para evitar unha nova ocupación.

Á casa tamén se achegaron, contra este mediodía, axentes da Policía Científica para recoller pegadas e poder dar coa identidade da parella.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade