Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acompañamos un equipo da UIP da Policía Nacional que vela pola seguridade do partido Celta-Niza

Acompañamos un equipo da UIP da Policía Nacional que vela pola seguridade do partido Celta-Niza

A prevención é esencial para frear incidentes e disturbios

G24.gal 23/10/2025 21:29

Un equipo da Galega compartiu hoxe unha xornada co equipo da Unidade de Intervención Policial da Policía Nacional que vela para que partidos como o que este xoves se xogou en Vigo entre o Celta e o Niza transcorran con normalidade e sen incidentes. O partido tiña certo risco porque os afeccionados ultras de ambos equipos están moi distanciados ideoloxicamente.

A xornada comezou cun briefing en que a Unidade de Intervención Policial Oitava decide cales son os puntos sensibles aos que hai que acudir e como reparten o traballo. Un proceso aberto todo o tempo segundo se vaia desenvolvendo a xornada.

O seguinte paso é despregarse por eses puntos sensibles onde os afeccionados franceses toman as primeiras cervexas. Aquí negocian cos ultras franceses como se trasladarán a Balaídos custodiados por un circuíto seguro, un proceso que eles chaman "embolsado".

Visitamos os hoteis de referencia onde están os ultras e os equipos, onde todo transcorre con normalidade. Os que infrinxan a lei arríscanse a multas de entre 3.000 e 5.000 euros. Algúns con varias cervexas xa chegan a Balaídos escoltados nos momentos de maior tensión. O traballo remata para nós, pero a UIP continúa ata a fin do partido e a fin de festa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade