Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria traballada do Celta para seguir sumando en Europa na noite de Iago Aspas

Vitoria traballada do Celta para seguir sumando en Europa na noite de Iago Aspas

A segunda vitoria do Celta esta temporada chega de novo na Europa League

Iago Aspas xa é o xogador con máis partidos na historia do Celta e celebrouno marcando o primeiro

EFE EFE
G24.gal 23/10/2025 22:57

Comezou o Celta cun golazo temperán do seu capitán, no que era o seu partido número 534. Iago Aspas estreaba o marcador no primeiro minuto, dando comezo a unha noite de festexos en Vigo.

No 14 empataban o partido os franceses por medio de Cho, nun momento no que o Niza xogou mellor e tivo oportunidade de marcar o segundo. Un Celta irregular marchaba ao descanso con superioridade numérica logo da expulsión de Clauss por dobre cartón amarelo.

Xa na segunda metade, os de Claudio Giráldez saíron claramente a dominar o partido coa saída de Hugo Álvarez e a entrada de Borja Iglesias. Logo de media hora de asedio do Celta, con todos os xogadores do Niza pechados no seu campo, chegou o segundo dos celestes. Recibiu Borja Iglesias na área un balón filtrado por Mingueza e marcaba para desempatar con algo de axuda do defensa rival, ao que lle bateu o balón antes de entrar na portería. Nos últimos minutos, intentou o Niza empatar, tivo varias oportunidades desde a esquina, pero sen resultados. 

Bryan Zaragoza segue sen marcar, pero foi un dos mellores xogadores do Celta, sendo desequilibrante pola súa banda e Radu de novo decisivo na vitoria do Celta coas súas paradas. 

Ao remate do partido, un espectáculo de drons homenaxeaba a Iago Aspas, o que xa é o xogador que máis veces vestiu a camiseta do Celta, en 534 ocasións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade