Zeneli e Koffi amargan a un Celta que mereceu máis (1-2)
Pablo Durán adiantou ao Celta cando peor o pasaba o equipo
Dous goles de Zeneli eliminaron as posibilidades celestes
Radu parou un penalti a Zeneli para evitar o terceiro
Gol de Pablo Durán
Un gran Celta perdeu en Balaidos co Royale Union Saint Gilloise na cuarta xornada da Europa League. Os belgas chegaron pisando forte ao terreo de xogo en Vigo, manexando con moita seguridade no campo do Celta. Pero xusto cando mellor estaban os visitantes, chegou Pablo Durán. O de Tomiño plantouse na área cun gran regate e marcou o primeiro do partido, que facía soñar aos locais.
O partido converteuse entón nun ir e vir entre os dous campos, cun Celta lendo moi ben as súas posibilidades de transición e xerando perigo, pero sen definir. A falta de puntería local foi aproveitada polo Saint Gilloise. Zeneli empatou no 35' logo dun gran control diante de Radu, que non puido tapar mellor.
Na segunda metade, apenas deu tempo a medir a temperatura. Zeneli marcou o segundo no 49' e obrigaba ao Celta a pelexar polo empate. Non se botou atrás o equipo e tratou de responder. O Celta medrou despois do gol e foi con claridade cara a portería de Koffi. A piques estivo Pablo Durán de marcar en varias ocasións, pero o porteiro burkinés tivo a súa gran noite e parou todo o que chegaba a el.
Xa nos minutos finales, os belgas puideron adiantarse máis logo dun penalti por man de Javi Rodríguez que o árbitro revisou no VAR. Pero Radu evitou o triplete de Zeneli.
Nova derrota dun gran Celta, que fixo un dos seus mellores partidos da temporada, amosando un xogo atrevido e ofensivo, pero sen sorte de cara a portería, a gran materia pendente dos celestes no que vai de competición.
Gardouse un minuto de silencio en memoria de Jesús de Miguel e as vítimas do accidente ferroviario