Cargando resultados...
A Xunta asina un convenio co Uruguai para formar médicos no CHUAC
O acordo permitirá aos médicos uruguaios recibir formación sobre transplantes de pulmón no hospital da Coruña

G24.gal
17/07/2025 17:17
A Xunta asinou un convenio coa Asociación Española de Socorros Mutuos de Montevideo para poñer en marcha o primeiro programa de transplante de pulmón no país latinamericano.
Desta forma, o CHUAC acollerá a médicos procedentes do Uruguai para formalos técnica e cientificamente sobre este tipo de cirurxías.
O CHUAC é un referente a nacional en transplantes e leva realizados máis dun millar deles de pulmón desde 1990, 28 este ano.
Alfonso Rueda destacou a excelencia da sanidade galega e a aposta da Xunta por compartir coñecemento para mellorar a atención aos pacientes.