Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retiran do mercado dous 'kits' de alisado capilar por risco para a saúde

Retiran do mercado dous 'kits' de alisado capilar por risco para a saúde

A Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios retira dous produtos de alisado brasileiro por non garantiren un uso seguro

Conteñen formaldehido, que pode provocar reaccións alérxicas e respiratorias graves e é potencialmente canceríxeno

G24.gal 17/07/2025 14:38

As redes sociais están cheas de vídeos que prometen a melena perfecta. Véndense en perfumerías e tamén sobre todo por Internet. Kits de alisado brasileiro a prezos moi atractivos. 

"Si que o usei, custoume 20 euros. Relación calidade-prezo moi boa", confesa unha muller.

Pois moita conta con estes produtos, porque poden ser tóxicos. Dous dos máis populares acaban de retirarse do mercado. Conteñen formaldehido, unha substancia potencialmente canceríxena.

"O máis aconsellable é deixar de usar estes produtos e observar se nos produce algún tipo de síntoma como vómitos, náuseas, somnolencia", di Itziar Fernández, responsable da OCU.

"Preguntamos á clienta se ten un alisado feito ou canto hai que fixo as mechas. O ideal son 3 meses antes ou despois para respectar a fibra capilar e ter un pelo bonito e san", explican no salón de Leticia Dosil, en Bertamiráns.

As autoridades recomendan aos consumidores que xa teñan na casa estes produtos que non os apliquen baixo ningún concepto, se ben os seus efectos prexudiciais sobre a saúde son máis graves tras un uso continuado e non por algo esporádico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos