Publicador de contidos

Publicador de contidos

O millo chega a duplicar o seu tamaño habitual nestas datas

O millo chega a duplicar o seu tamaño habitual nestas datas

As condicións climáticas son boas, e isto axuda a que a planta medre a bo ritmo

En xeral, o crecemento é alto e homoxéneo e non houbo ataques de pragas

G24.gal 16/07/2025 14:00

Leiras dunha gandería do municipio de Val do Dubra son un exemplo do crecemento do millo no que vai desta campaña. As condicións climáticas son boas, e isto axuda a que a planta medre a bo ritmo. 

"Está grande, está moi ben con respecto á data na que estamos con respecto a outros anos. Tampouco sementamos moi cedo, a mediados de maio, e está cun crecemento alto, moi homoxéneo, non houbo ataques de pragas e está medrando ben. Ata agora non lle falta de nada!", conta Marcos Blanco, da gandería Queirugueira.

Teñen unhas 70 hectáreas de millo, e non en todas a planta medrou por igual, pero en xeral, a media de crecemento é alta. 

"Agora pode ter a altura dunha persoa. Con respecto a como estaría nesta data noutros anos, pois ao mellor pouco máis da metade ou a metade".

Aínda queda moito tempo por diante ata o momento do ensilado e a futura evolución da campaña depende de certos factores. 

"Que veña calor, que non sopre moito vento do nordés, que saca moito a humidade, e unhas chuvias".

Os gandeiros agardan que se dean estas circunstancias porque o millo constitúe unha parte moi importante do alimento dos seus animais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade