Aumenta o número de licenzas de VTC para cubrir traxectos interurbanos
As plataformas din que responden a unha demanda dos usuarios que están divididos entre as dúas alternativas
Un milleiro de taxistas chegados de toda Galicia colapsaron a capital de Galicia para protestaren contra os vehículos de transporte con condutor
Un milleiro de taxistas chegados de toda Galicia colapsaron a capital de Galicia para protestaren contra os vehículos de transporte con condutor, cada día máis presentes nas nosas cidades. O obxectivo, esixir ao Goberno galego "cortar de raíz" as licenzas dos vehículos de turismo con condutor (VTC).
Os números falan. No que vai de ano, o número de vehículos de transporte con condutor, as chamadas VTC, aumentou nun 80 %. Din as plataformas que a demanda avala o número de licenzas.
"Eu se podo escoller, escollo vehículo con condutor", explica unha usuaria.
Na Coruña hai xa tres empresas que prestan este servizo. A lei di que só poden cubrir traxectos interurbanos. Os usuarios botan contas.
"Normalmente sae mais barato", asegura unha clienta.
E cren que ofrecen unha resposta rápida.
"As veces chamas á central de taxis e non responden".
O servizo público para cubrir desprazamentos en traxectos urbanos é competencia dos taxis. Os clientes buscan o servizo accesible que ofrecen.
"Prefiro o taxi. Podes collelo aquí na parada", opina unha usuaria.
Un colectivo sempre disposto a responder con atención cando hai necesidade do seu servizo.