Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segundo atraco a un taxista da Coruña no que vai de ano

Segundo atraco a un taxista da Coruña no que vai de ano

Os asaltantes aproveitaron un semáforo en vermello para poñerlle un coitelo ao pescozo

G24.gal 12/02/2026 14:31

Foi na céntrica parada do Cantón Pequeno onde unha muller se subiu a un taxi contra as tres da mañá do sábado pasado.

"Sentou no asento dianteiro e díxolle que a levase a Pastoriza, en Arteixo. E, ao pouco de arrancar, díxolle que tiñan que parar no cruzamento da avenida de Fisterra coa rolda de Nelle a recoller a dous amigos. Alí subiron dous homes, no asento traseiro", explica Antonio Vázquez, presidente de Radiotaxi.

Ese profesional ía ser vítima dun roubo con intimidación cunha arma branca, pero en ningún momento o sospeitou.

"Nun semáforo que se puxo en vermello na zona do polígono da Grela, sacáronlle un coitelo e puxéronllo ao pescozo á ver que lle esixían os cartos", engade Vázquez.

O taxista non fixo máis que obedecer e entregoulles todo canto tiña. 

"Os cartos que levaron non foron moitos porque agora case todos os clientes pagan con tarxeta. Despois, en canto conseguiron o botín, fuxiron á carreira cara á Silva, a zona onde estaba antes Penamoa", di o presidente de Radiotaxi.

Un novo atraco que acontece tres semanas despois doutro en Monte Alto. Daquela, dous homes agrediran brutalmente o taxista para roubarlle. Pero, grazas á rápida intervención de dous veciños, aqueles delincuentes si foran detidos dúas horas despois do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade