A difícil misión de atopar taxi en Santiago
No verán, os 144 taxis que hai no concello son insuficientes para a alta demanda
Nestes momentos hai outras 29 licenzas en trámite de iniciar a licitación
Xente disputándose un taxi. Situacións coma estas danse en todas as cidades. En Santiago tamén.
"Ás veces si, ás veces non. Agora estou agardando 5 minutos", apunta un turista.
Ao final foron máis de 5, e é que en horas punta os taxistas non dan feito.
"A xente quéixase, claro, pero vaia é un problema de capacidade non", recoñece José Luis Cunqueiro, taxista de Santiago
De alta demanda e poucos taxis, sobre todo no verán. Son 144 en Santiago, unha frota que ten aprobadas 29 licenzas máis que están en trámite de licitación
"E cando van a vir? porque eu realmente cando as preciso é agora no verán para o inverno non me fai falta ningunha, 29 licenzas máis", lamenta Miguel Angel Mera, taxista en Santiago.
Esta situación agravouse nos últimos catro anos.
"É malo para o gremio do taxi, é malo para o sector do turismo, é malo para a veciñanza de Compostela, é malo para a imaxe da cidade" engade Jose Antonio Liñares, voceiro da Unión Hoteleira Compostela.
De media os turistas agardan por un taxi 20 minutos
"20 minutos mete bastante presión non só ao viaxeiro senón que mete presión tamén na propia recepción do hotel", explica o hostaleiro.
"Non é unha espera excesiva temos que ter en conta tamén o tema do tráfico. Necesitamos maís carrís bus taxi", apunta o taxista.
Este problema crea situación extremas
"Directores de hoteis de 5 estrelas colleron o seu vehículo particular para levar viaxeiros ao aeroporto en casos extremos, claro, pero os casos extremos sempre se van dar, pero o problema non son os casos extremos o problema é o día a día", conclúe o hostaleiro.