Cargando resultados...
Stellantis estuda fabricar taxis autónomos en Vigo
Comezarán producindo 5.000 unidades en 2028
G24.gal
29/10/2025 16:48
E en medio desta polémica chega o anuncio de que a planta de Stellantis de Vigo aspira a fabricar taxis autónomos.
O xigante automobilístico anuncia unha colaboración estratéxica con Nvidia e Uber para explorar a despregadura de vehículos sen condutor destinados a servizo de robotaxi a nivel mundial.
Comezarán producindo 5.000 unidades en 2028.
A plataforma para fabricalos está asignada á planta de Vigo, polo que a factoría galega podería converterse no centro desta revolución tecnolóxica.