Publicador de contidos

Publicador de contidos

Non todas as tortas de Santiago son iguais

Non todas as tortas de Santiago son iguais

As auténticas deben levar como mínimo un 33% de améndoas e outro tanto de azucre

A IXP garante que se cumpran os estándares de calidade
 

A Indicación Xeográfica Protexida garante a elaboración con estándares de calidade
G24.gal 21/07/2025 15:03 Última actualización 21/07/2025 16:21

Améndoas, azucre e ovos. Eses son os ingredientes da auténtica torta de Santiago, un doce centenario típico de Galicia que traspasou fronteiras grazas aos peregrinos e turistas, que non poden marchar sen probala.

 "É que está moi boa, moi boa"

 "Parece un biscoito, pero é algo distinto"

"Os meus fillos vólvense tolos coa torta de Santiago, para almorzar un cachiño mentres queda, que dura pouco"

"Probeina en Madrid, e en calquera lugar porque xa fan tortas de Santiago en todos os lados", comentan varios turistas

Pero non todas son iguais.

"Unhas son máis secas, a que é de aquí tradicional nótala moito máis esponxosa"

"As artesanais están moito máis boas"

"Segundo o cariño e o coidado que lle poña esa persoa aí está a calidade", continúan

O cariño importa, pero tamén a cantidade de améndoa que se usa na elaboración. As que están amparadas baixo o selo da Indicación Xeográfica Protexida teñen que levar como mínimo un 33% do peso total da masa.

" Si, teñen un 35% de améndoas. Artesanal totalmente, améndoa, ovo e azucre. A torta en si non leva fariña como as que se ven por aí adiante", explica Nadia Rilo, empregada da pastelería Mora

Esta pastelería, que abriu no 1924, foi a primeira que acuñou na decoración a Cruz da Orde de Santiago. Aquí a elaboración é artesanal, e iso nótase no prezo

"Pois o prezo non o valorei, certamente, tomamos decisións polo padal", confesa unha turista

"Ás veces vense por aí tortas moito máis económicas, pero a diferenza teñen menos cantidade de améndoa, póñenlles fariña e son industriais non artesanais", apunta a pasteleira

"Págase máis, pero vale a pena"

"Levaremos, imos estudar o terreo e dependendo da que máis nos guste, esa levaremos", conclúen varios visitantes

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade