Publicador de contidos

Publicador de contidos

Temen que o vento da tarde reavive os incendios forestais de Ávila e Alacante

Temen que o vento da tarde reavive os incendios forestais de Ávila e Alacante

A UME traballou toda a noite para perimetrar os incendios de Navaluenga e Ibi

Dan por controlados o de Méntrida, que queimou 3.000 héctareas, e o de Badaxoz, que arrasou 2.500 

En Valdecaballeros sospeitan que pode haber un pirómano porque se repiten os incendios 

 

G24.gal 21/07/2025 14:58

Durante as últimas horas mellorou a situación dos incendios rexistrados en varias comunidades da metade sur de España. A maioría están estabilizados, pero temen que a calor e o vento previsto para esta tarde poida reavivar o lume nas zonas quentes. 

A noite foi intensa para os efectivos da UME que traballan na extinción de Navaluenga, en Ávila, onde o lume arrasou xa 1.500 hectáreas e segue activo aínda que algo máis baixo control, ao estar relativamente perimetrado. Outro tanto pasa en Ibi, Alacante. Teñen acoutada a zona do incendio, pero desconfían de como pode evolucionar porque hai moitas zonas quentes que se apuran a arrefriar por terra e por aire.  

En Méntrida, no limite entre Toledo e Madrid, seguen pendentes do lume que empezara o xoves pasado e que arrasou máis de 3.000 hectáreas. Onde tamén van volvendo á normalidade é en Valdecaballeros, en Badaxoz. Os 400 evacuados xa puideron pasar esta noite nas súas casas, pero, malia que o vento foi amainando, non as teñen todas consigo, porque desconfían de que ten que haber un pirómano que fai que os incendios se repitan na zona. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade