Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta de Estremadura di que o incendio de Valdecaballeros puido ser intencionado

A Xunta de Estremadura di que o incendio de Valdecaballeros puido ser intencionado

Os principais incendios forestais que seguen activos son o de Badaxoz e o de Almería

Os ventos poden reactivar o lume en Valdecaballeros
G24.gal 20/07/2025 20:38 Última actualización 20/07/2025 21:07

A loita contra o lume segue sendo intensa na localidade estremeña de Valdecaballeros, onde xa se queimaron máis de 2.400 hectáreas.

A ameaza das lapas obrigou a desaloxar arredor de douscentos menores que participaban nun campamento na zona e mais de trescentos veciños, a maior parte dos cales aínda non puideron volver ás súas casas.

Houbo 23 incendios na mesma zona en dez anos

Os responsables da xestión forestal da Xunta de Estremadura admiten que non saben as causas do lume aínda, pero que todo apunta a que foi intencionado, xa que neste verán e no anterior houbo 23 incendios na mesma zona.

Incendio nos montes de Lubrín, en Almería

Outro incendio que preocupa é o que afecta aos montes de Lubrín, en Almería, onde o traballo intenso de ata dezaseis avións e helicópteros, xunto con máis de cen bombeiros, non conseguiron controlalo.

Onde si conseguiron controlar as lapas foi en Navaluenga, en Ávila, onde o lume queimou esta fin de semana arredor de 1.500 hectáreas.
Tamén quedou controlada a situación nas localidades alacantinas de Villena e Ibi, de onde este domingo se retiraron os soldados da UME. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade