Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un boleto para xogar e para lembrar: 40 anos da Televisión de Galicia

Un boleto para xogar e para lembrar: 40 anos da Televisión de Galicia

Chega o día do sorteo cos boletos impresos co logotipo están esgotados en moitos lugares 

Os profesionais da casa mercan para gardar e para agasallar e lembran os seus primeiros recordos asociados á TVG

G24.gal 22/07/2025 15:49 Última actualización 22/07/2025 16:33

Un pequeno papel impreso pode ser a un tempo un gran detonante de fortuna e de memoria. Iso é que pasa co cupón da ONCE que conmemora os 40 anos da Televisión de Galicia. Á marxe do que poida deparar este martes o sorteo, son moitos os que din que lles toca nada máis velo, porque a historia da Galega forma parte das súas vidas.  Entre eles están o lendario Xosé Ramón Gayoso, que di que "foi un sopro", aínda que recoñece tamén que "40 anos dan para moito".

 A mirada retrospectiva é marabillosa; tamén porque recordo de sempre comprar o cupón con miña nai na praza de Lugo e agora xuntalo co 40 aniversario da Televisión de Galicia paréceme unha moi boa idea

Evaristo é un vendedor veterano da ONCE, pero di que o que está vivindo estes días co cupón do 40 aniversario da Televisión de Galicia é algo especial. E máis hoxe, porque é o día do sorteo e está distribuíndo os boletos "na casa".

A lembranza que espertan tamén é moi especial para os que daquela aínda o vivían todo desde o outro lado da pantalla, coma Diego Viaño, o 'home do tempo', Almudena de Urzáiz, presentadora dos Informativos da Galega, ou Arturo Fernández, presentador do departamento de Programas. Todos lle mercan lotes de boletos a Evaristo para gardar e para agasallar.

Uns prefiren o cupón orixinal impreso como recordo e outros o de máquina para levar a combinación coa data inaugural, 25785. Hoxe é do día no que os bombos repartirán a sorte do sorteo, pero a fortuna que nos lembra o boleto vai moito máis aló dun día sinalado. Evaristo confirma que moitos o mercan para gardalo.

Di que, días antes, cando estaba vendendo na zona vella de Santiago, lle pediron expresamente os boletos deste sorteo uns visitantes de Portugal que sabían dos 40 anos da TVG e tamén do boleto conmemorativo da ONCE.  Sopesando os bos recordos destas 4 décadas, moitos, coma Gayoso, senten que "a min xa me toucou! Miras para atrás e dis que rápido pasou todo, non?"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade