Publicador de contidos

Publicador de contidos

40 anos da TVG: a aventura de crear a nosa televisión dende cero

40 anos da TVG: a aventura de crear a nosa televisión dende cero

Antes xa do inicio das emisións o 24 de xullo de 1985, as primeiras probas para presentar na TVG transmitían o espírito con que se ía creando esta casa

Despois, en moi pouco tempo, foise notando unha evolución que acabaría deixando momentos míticos

De súpeto, a lingua propia tiña televisión propia

G24.gal 21/07/2025 21:31 Última actualización 21/07/2025 22:20

A Televisión de Galicia cumpre 40 anos o 24 de xullo de 2025. Así que, ao longo da semana do Apóstolo, ofrecémoslles vídeo que rescaten da memoria algo de nostalxia.

Neste caso, repasamos algúns dos primeiros rostros da TVG cando aínda estaban entrando na TVG, protagonistas de toda unha aventura porque había que crear a nosa televisión dende cero. 

Nas primeiras probas para presentar nesta casa xa se percibía o fervello de saber que había unha televisión por facer. Había moita gana, ilusión e respecto ante o descoñecido. Era 1985. E, en moi pouco tempo, xa se apreciaba un crecemento sorprendente. 

Eran outros tempos para o televisor, ese pequeno electrodoméstico. Pero, por moitas pantallas que haxa hoxe, podemos lembrar que, hai agora 40 anos, a lingua propia tiña de súpeto televisión propia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade