Os ovos fritidos axudan a diminuír os índices de colesterol
Ovos fritidos, un alimento saudable
Así o demostran uns investigadores australianos nun recente estudo a nivel mundial
Foron moitos anos de consellos dietéticos que danaron inxustamente a imaxe dos ovos. Hoxe sábese que son moi saudables, mesmo se os comemos fritidos.
"Os ovos fritidos están riquísimos".
"Son un manxar e á parte unha fonte importantísima de proteína, co que eu penso que é un alimento moi bo para consumir a diario", comentan unhas señoras
E cantos podemos comer se están fritidos?
"Podes tomar ata catro ou cinco ao día, sen problema ningún, son médico"
A esta mesma conclusión chegaron uns investigadores dunha universidade australiana. Eles demostraron que o consumo de ovos fritidos non só non aumenta os índices de colesterol senón que mesmo axudan a diminuílo.
"Este estudo é moi importante porque vén demostrar que é un falso mito que os ovos suban o colesterol e que aumenten o risco cardiovascular, de feito o importante é que axudan a baixar o colesterol sempre que esteamos nunha dieta baixa en graxas saturadas", explica Amil López, doutora en Farmacia e Nutricionista.
E é que o perigo non son os ovos fritidos senón o que moitas veces acompaña a súa inxestión.
"Como vén sendo con touciño entrefebrado, con este tipo de embutidos que si que achegan manteiga, esa graxa saturada que si ten impacto a nivel cardiovascular", continúa a dietista.
O que usemos para fritilos tamén é determinante para a saúde
"Nós o que recomendamos é utilizar un aceite de oliva virxe e despois de fritilos poñelos baixo papel absorbente para absorber o exceso de graxa que non precisan", engade
E aínda que a todos nos presta acompañalos con patacas...
"Con patacas sempre", apunta unha señora
... hai moitas outras exquisiteces culinarias
"Pois no verán podemos facer un pisto marabilloso con verdura de tempada, berenxena, cabaciña, pemento, cebola, e iso está estupendo", aconsella Amil López.