Galicia traballa nunha estratexia contra o idadismo que aspira a ser referente mundial
Unha comisión de expertos traballa na elaboración de medidas legais, educativas e sociais para promover o respecto aos maiores
Galicia é a primeira rexión europea cunha estratexia contra o idadismo, que é a discriminación de persoas por razóns de idade.
Unha comisión de expertos traballa na elaboración de medidas legais, educativas e sociais para promover o respecto os maiores, unhas medidas que aspiran a ser un referente mundial.
A idade media en Galicia é a máis alta da súa historia. A lonxevidade da nosa poboación atrae a atención internacional, por iso os expertos cren que podemos ser tamén referentes na loita contra a discriminación das persoas maiores.
O punto de partida é a estratexia galega contra o idadismo, que ten medidas para eliminar estereotipos, concienciar sobre o valor que achegan os maiores á sociedade e favorecer as relacións entre xeracións a través de leis, a educación e accións sociais.
Alfonso Rueda destaca a aposta da Xunta por ser a primeira administración cunha plan específico.
Os expertos apuntan que o idadismo afecta á saúde física e mental a afecta á nosa esperanza de vida. Por iso cren que esta estratexia mellorará a calidade de vida das xeracións presentes e futuras.