Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yunio Barrueta, novo xogador do Obradoiro

Yunio Barrueta, novo xogador do Obradoiro

En Santiago coincidirá con varios excompañeiros como Olle Lundqvist, Alejandro Galán e Goran Huskic, ademais de reencontrarse con Epi, o seu adestrador nestes últimos anos

G24.gal 22/07/2025 17:32 Última actualización 22/07/2025 17:35

O ala nado en Miami disputou as tres últimas tempadas co Leyma Coruña, equipo co que logrou o ascenso á Liga ACB a pasada campaña. Na súa chegada a Santiago coincidirá con varios excompañeiros como Olle Lundqvist, Alejandro Galán e Goran Huskic, ademais de reencontrarse con Epi, o seu adestrador nestes últimos anos.

Aos seus 32 anos e con 1,96 metros de altura, Barrueta conta cunha ampla traxectoria tanto a nivel nacional como internacional. Tras formarse na NCAA, iniciou a súa carreira profesional en Europa, pasando polas ligas de Bélxica, Francia e Israel antes de chegar a España. Okapi Aalstar, Denain, SLUC Nancy, Maccabi Ashdod e Lille son algúns dos clubs polos que pasou.

Na súa última tempada na antiga LEB Ouro promediou 14 puntos, 4,7 rebotes e 0,4 asistencias por encontro. Xa no seu debut na Liga ACB, os seus números foron de 11,3 puntos, 3,2 rebotes e 0,5 asistencias.

Epi terá ás súas órdenes un xogador que destaca polo seu bo tiro.

“Yunio ten boa lectura táctica que lle axuda nos dous lados da cancha. Sabe respectar os espazos para xerar vantaxes aos seus compañeiros e, ao mesmo tempo, é capaz de atopar situacións de tiro liberadas no uso dos bloqueos. Ademais, é quen de anotar tiros importantes e axudar no rebote”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade