Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os médicos mir xa poden solicitar contratos de remuda; o Sergas espera incorporar 78 facultativos

Os médicos mir xa poden solicitar contratos de remuda; o Sergas espera incorporar 78 facultativos

Os contratos teñen unha duración de tres anos 

Imaxe de arquivo dos mir que reforzaron servizo en Galicia
G24.gal 22/07/2025 15:02

Este martes ábrese o prazo para que os médicos mir poidan solicitar o seu contrato de tres anos. É a terceira convocatoria de contratos de remuda posta en marcha polo Goberno galego. Son 52 contratos para estes médicos especialistas. Con esta convocatoria o Sergas espera incorporar nos próximos meses un total de 78 facultativos especialistas para garantir a substitución de médicos que estén cerca de xubilarse.


 "O programa avanza, fixose unha planificación con todas as necesidades das áreas sanitarias, cubrir por un lado a remuda xeracional e tamén as áreas que temos máis tensionadas desde o punto de vista da asistencia sanitaria", explica o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade