A TVG logra o seu mellor dato histórico no EXM e consolídase como líder en Galicia
A Galega supera o 27 % de cota semanal e acada o seu mellor dato histórico nunha onda do EXM
A TVG lidera en Galicia en todas as franxas horarias e reforza a súa posición como referencia entre as canles autonómicas do Estado
Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, con 125.000 oíntes diarios
A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) estrea marca celebrando os excelentes resultados da 2ª onda do Estudo Xeral de Medios (EXM) de 2025, e así, a Televisión de Galicia acada a súa mellor cota histórica e consolida o seu liderado absoluto no ámbito audiovisual galego e estatal autonómico, tanto na onda coma no cómputo do ano móbil.
A TVG rexistra unha cota de pantalla do 27,1 % no conxunto da semana, a máis alta nunha onda do EXM. Esta cifra representa un incremento de 3,9 puntos respecto da 1ª onda de 2025 (un aumento do 16,8 %) e 5,7 puntos respecto da mesma onda de 2024 (un incremento do 26,6 %).
E de luns a venres, a cota medra ata o 28,2 %, o que supón unha suba de 3,7 puntos fronte á 1ª onda de 2025 (un 15,1 % máis) e 7 puntos respecto da 2ª onda de 2024 (unha subida do 33%).
No ano móbil, comprendido entre outubro de 2024 e maio de 2025, a TVG mantén o liderado, cunha cota do 22,9 % no conxunto da semana e do 23,1 % de luns a venres, superando en máis de 10 puntos a outra canle pública que emite en Galicia, TVE.
No contexto estatal das canles autonómicas, a TVG tamén lidera con claridade e comparte o podio con Canal Sur e 3CAT, que empatan no segundo posto.
Por días da semana, salientan especialmente os martes (30,2 %), os xoves (29,9 %) e os luns (28,4 %). A TVG lidera en Galicia en todas as franxas horarias: