Publicador de contidos

Publicador de contidos

Efectivos da Brilat e da Armada prepáranse para despregarse na operación Centinela

Efectivos da Brilat e da Armada prepáranse para despregarse na operación Centinela

Son uns 110 efectivos militares que dan forma a 35 patrullas terrestres, 5 máis que en 2024

550.000 sosteñen esta operación de vixilancia, prevención e disuasión

G24.gal 30/07/2025 14:49

Estamos en tempada alta de loita contra o lume, e as forzas armadas e mais a Consellería do Medio Rural ultiman a operación Centinela Galego 2025. Porase en marcha a mediados do mes de agosto nas zonas máis afectadas de incendios forestais e este ano contará con 5 patrullas máis que o ano pasado. O seu obxectivo é vixiar o monte e dar aviso temperán de conatos e incendios.

Son xa 18 os veráns en que o Ministerio de Defensa e mais o Goberno galego unen forzas para previr os incendios forestais. 110 militares da Brilat e da Armada despregaranse do 15 de agosto ao 30 de setembro nas 35 patrullas terrestres que compoñen a operación Centinela este ano. Estarán presentes en 8 distritos forestais por todo o territorio galego, con especial presenza na provincia de Ourense, pola súa maior incidencia histórica en actividade incendiaria.

Esta mañá dábanse a coñecer parte dos medios dos que disporán as 3 unidades principais -Aguia, Azor e Halcón-, Son 35 patrullas con base estable, pero tamén traballo itinerante e recursos tecnolóxicos como cámaras térmicas, que permiten a observación do terreo de día e de noite. 

A Consellería do Medio Rural insistiu en tomar medidas preventivas durante o verán e sobre todo en épocas coma esta de coincidencia de calor, seca e vento. 

"Con calquera labor que pode parecer inofensiva, como unha barbacoa ou unha roza, pode desencadear un incendio forestal, así que pido precaución", insistiu esta mañá a conselleira, María José Gómez.

A operacion Centinela Galego esténdese dende hai uns anos ata o 30 de setembro, polo feito de que as condicións meteorolóxicas de calor e seca alongan a tempada de risco máximo de incendios.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade