Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio da Cañiza queimou xa 300 hectáreas e mantense a alerta de risco para a poboación

O incendio da Cañiza queimou xa 300 hectáreas e mantense a alerta de risco para a poboación

Emerxencias emitiu por primeira vez o sistema 'É-Alert' para instar os veciños de sete núcleos a permanecer nas casas

Os conselleiros do Medio Rural e Presidencia desprázanse ata o incendio activo na Cañiza

A conselleira do Medio Rural confirmou sobre o terreo que o lume comezou con cinco focos seguidos ao pé dunha estrada; todo apunta a que foi intencionado

O lume comezou en 5 focos, polo que se cre intencionado
G24.gal 31/07/2025 02:32 Última actualización 31/07/2025 21:41

Segue activo e en Situación 2, como medida preventiva, o incendio forestal do concello pontevedrés da Cañiza.

As lapas arrasaron ata o momento unha superficie estimada de arredor de 300 hectáreas.

Neste incendio xa está desactivado desde pola mañá o confinamento da poboación, que se decretara este mércores como medida de precaución en sete núcleos. Porén, mantense o nivel de risco para a poboación. O 80% do incendio está perimetrado, pero queda un 20% restante que segue avanzando e que pode poñer en perigo poboacións próximas.

O incendio comezou en cinco puntos ao longo dunha estrada., Todo apunta a que foi intencionado e as autoridades pensan que o obxectivo era facer o maior dano posible. 

Neste incendio da Cañiza, Galicia empregou por primeira vez o sistema Es-Alert. 

 Os veciños das zonas confinadas recibiron nos móbiles unha mensaxe indicando que tiñan que quedar na casas e colocar panos mollados nas xuntas para evitar a entrada de fume.

Este xoves recibiron outra para notificarlles que se levantaba o confinamento. 
 

Extinguido o incendio de Tomiño

Está extinguido, desde as 18.42 horas de hoxe, o incendio forestal do municipio pontevedrés de Tomiño, parroquia de Piñeiro, que finalmente afectou unha superficie de 27 hectáreas, das cales 25 son de superficie arborada e 2 de rasa

Extinguidas as lapas en Salvaterra de Miño- Pesqueiras

Deuse por extinguido ás 19.59 horas de hoxe o lume do concello pontevedrés de Salvaterra de Miño, parroquia de Pesqueiras, que finalmente afectou unha superficie de 47 hectáreas de monte arborado

Estabilizado o lume en Arbo

Estabilizado o incendio forestal de Arbo, parroquia homónima, despois de iniciarse o martes ás 18.23 horas e que afecta arredor de 8 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais

Estabilizado o incendio de Carballeda de Avia

Continúa estabilizado, dende as 21.54 horas de onte mércores, o lume do municipio ourensán de Carballeda de Avia, parroquia de Carballeda, que segundo as últimas estimacións rolda as 20 hectáreas

Controlado o incendio de Carballedo- San Mamede de Lousada

Permanece controlado, dende as 21.15 horas de onte, o incendio da localidade lucense de Carballedo, parroquia de San Mamede de Lousada, que afecta unha superficie dunhas 16 hectáreas

Pendentes tamén do outro lado da fronteira con Portugal

En Lobios están pendentes dun incendio ao outro lado da fronteira pola posibilidade de que pase a territorio galego.

 

Activo e descontrolado, así segue e avanza o lume no Parque Nacional de Peneda-Gerês, na zona portuguesa limítrofe con Galicia. As chamas están a escasos tres quilómetros da fronteira, e o posible cambio de vento mantén en tensión varias aldeas da Baixa Limia.

A complicada orografía dificulta a extinción, e a situación complícase aínda máis coa baixa visibilidade causada polo fume, que pon en dúbida a participación dos medios aéreos galegos.

O lume iniciouse o sábado pola noite e, dende entón, arrasou máis de 6.000 hectáreas, maiormente no Peneda Gerês, o único parque nacional de Portugal dun importante valor natural.

Forestais de Medio Rural traballaron nun cortalumes para frear o incendio no caso de que cruce ao Xurés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade