Os incendios de Gredos e As Hurdes manteñen focos activos en lugares de difícil acceso
Confían en poder perimetralos definitivamente este xoves, se o vento non xoga á contra
Nas Hurdes xa puideron volver á casa a metade dos 200 veciños evacuados en seis lugares
Os bulldozer traballaron arreo toda a noite na serra de Gredos para tentar acoutar o incendio que ameaza esta área natural da provincia de Ávila e que segue cualificado de nivel dous. Estiman que o perímetro nestes momentos é duns 25 quilómetros, pero segue tendo tres focos de lume activos en zonas de orografía moi desigual, con barrancos que fan de chemineas naturais, segundo explicaba ao medios o responsable técnico da extinción.
Somos relativamente optimistas en canto á evolución deses puntos, pero temos que traballar na estabilización completa; o incendio non está estabilizado. Quédanos moito traballo por facer. É un perímetro grandísimo, hai moita combustión aínda e as condicións de temperaturas elevadas e humidade relativa moi baixa non nos axudan
Nos tres días que leva ardendo a serra estiman que se queimaron unhas 2.000 hectáreas, e mantense . Os veciños de Mombeltrán e El Arenal, que na tarde do mércores viron o lume a menos de cen metros das casas, permanecían esta mañá do xoves confinados para evitar a gran nube de fume que cubría toda a comarca. Ese fume pecho impediu mesmo que durante as primeiras horas puideran actuar os medios aéreos por falta de visibilidade.
Nas Hurdes, a situación mellora sobre todo no sur
En Caminomorisco, na comarca das Hurdes, efectivos de bombeiros e da UME, tamén estiveron combatendo o lume toda a noite. A situación vai mellorando, pero oficialmente o incendio desta zona de Estremadura continúa activo e en nivel 2. Dano por perimetrado e a metade dos 200 veciños evacuados en seis lugares xa puideron volver as suas casas.
Estiman que o terreo arrasado é dunhas 2.600 hectáreas. Malia que a previsión é favorable, contan que as tarefas de control e estabilización se prolongarán durante días, especialmente na zona norte onde están os lugares máis inaccesibles
