Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estabilizado o incendio de Salvaterra que chegou a ameazar varias casas

Estabilizado o incendio de Salvaterra que chegou a ameazar varias casas

O incendio de Pesqueiras, en Salvaterra, obrigou a activar o nivel 2 por prevención durante varias horas

Estabilizado o incendio de Salvaterra, que calcinou xa 30 hectáreas

O lume no norte de Portugal está preto de Galicia e arrasa xa 3.300 hectáreas

G24.gal 29/07/2025 14:04 Última actualización 29/07/2025 17:57

Noite de tensión en Salvaterra, co lume pegado ás casas. 

"Mira como está a situación, de repente. Eu vivo aqui e meu irmán aí ao lado. O lume estaba moi arriba e non pensamos que ía vir e, de repente, chegou aquí", conta asustada unha veciña

Arestora, pasou o medo, pasou o perigo, pero imponse a desolación en Pesqueiras, en Salvaterra, onde empezou o incendio. O servizos de extinción priorizaron vidas e casas e o monte quedou a mercé do lume.

"Temos dúas plantacións, unha duns oito anos que eran uns 2.500 piñeiros, en marcos de 6x6, e despois de 6x6 tamén outro duns tres anos. Esa ardeu un 50%, pero a outra ardeu por completo", lamenta Antonio Lorenzo, presidente da comunidade de montes.

Ardeu tamén un símbolo: a capela da Asunción de Monte Castelo, que quedou rodeada polas lapas, que tiñan todo ao seu favor: temperaturas altas durante moitos días xa e un vento de norte que fixo das súas. 

"O vento levaba as muxicas pola aire e prendía o lume mesmo en lugares afastados", engade Lorenzo.

A noite foi dura: cortaron a subministración eléctrica e quedaron case sen auga no depósito municipal. Viviran algo parecido naquel outubro negro de 2017.

"Ciclicamente, cada oito ou dez anos, se ven producindo aquí un incendio. Incluso hai uns dez anos ardeu un coche dos bombeiros", recorda o presidente da comunidade de montes.

O lume tamén sacou da cama a veciñanza de Vincios, en Gondomar. As lapas avistáronse pasadas as once da noite e foi imposible pegar ollo. Crese que puido ser provocado.

O lume no Gerês ameaza o Xurés en Galicia

Con todo, nada que ver co que está a ocorrer ao outro lado da fronteira. Portugal ten incendios graves de norte a sur. O peor en Lindoso, a catro quilómetros da fronteira con Lobios, en pleno parque do Gerês. Máis de 1.500 bombeiros loitan contra as lapas con pouco éxito e con todo en contra.

A previsión advirte de temperaturas por riba dos corenta graos nos próximos días. O risco é "de moi elevado a máximo", especialmente no norte do país.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade