Activo un novo incendio en Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio, onde xa ardeu en agosto
Activo un novo incendio en Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio, onde xa ardeu en agosto
O lume comezou ás 14:56 deste sábado e leva queimadas unhas 20 hectáreas
Esta parroquia xa sufriu outro lume en agosto, que arrasou 5.300 hectáreas

Un novo incendio forestal permanece activo no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio, desde as 14:56 horas do sábado. Segundo as estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural, queimou unha superficie de máis de 20 hectáreas.
Esta parroquia xa sufriu outro lume en agosto, que arrasou 5.300 hectáreas, segundo as cifras da Xunta, na contorna das montañas de Trevinca. O lume de agosto orixinárese en Porto, na comarca zamorana de Sanabria, e traspasou a fronteira con Ourense.
Esta vez, non procede da provincia fronteiriza, tal e como trasladan fontes de Medio Rural, senón que se orixinou na localidade ourensá.
Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, un técnico, tres axentes, catro brigadas, dúas motobombas, dúas pas, tres unidades técnicas de apoio e tres helicópteros.