Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activo un incendio no concello da Lama que afecta 20 hectáreas

Activo un incendio no concello da Lama que afecta 20 hectáreas

O lume iniciouse ás 04,19 horas deste sábado na parroquia de Escuadro

Controlados os incendios de Quiroga e Silleda, con 460 e 60 hectáreas queimadas

Incendios Galicia @LumesGal Incendios Galicia @LumesGal
G24.gal 19/09/2026 11:36

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra non concello pontevedrés da Lama, na parroquia de Escuadro. O lume iniciouse ás 04,19 horas deste sábado e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas.

Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 7 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 3 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 e a aplicación móbil ALume para avisar en caso de incendio forestal, así como outro teléfono (900 815 085) para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña coñecemento ou sospeita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos