Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sorteo da Bonoloto deixa un premio de máis dun millón de euros en Laxe

O sorteo da Bonoloto deixa un premio de máis dun millón de euros en Laxe

O boleto premiado validouse no despacho da avenida Rosalía de Castro

Matilde, a loteira, non sabe polo momento quen é a persoa afortunada

O boleto validouse na administración da rúa Rosalía de Castro
G24.gal 19/09/2026 08:48 Última actualización 19/09/2026 10:34

O sorteo da Bonoloto celebrado este venres deixa un premio de 1.187.584 euros en Laxe. O boleto acertante da primeira categoría (6 acertos) validouse en Casa López, o despacho da avenida Rosalía de Castro deste concello.

Matilde, a loteira, confesa que estivo ata as dúas da mañá respondendo mensaxes. Segundo conta, xa repartiu outros dous premios da Bonoloto no seu establecemento pero moito máis cativos.

"Dei un no ano 2012, de 58.903 euros, outro no 2018, de 163.177 euros, e este é o máis grande: 1.187.584", di moi contenta.

Asegura que agora vai ter que "ampliar un pouco a parede" para poder enmarcar todos os galardóns repartidos nesta administración. Polo momento, descoñece a identidade da persoa afortunada.

"Pode ser de aquí, dos arredores, tamén pode ser xente de paso, aínda hai algunha xente forasteira... Ao mellor tampouco nin sabe que lle tocou. Eu teño clientes que veñen unha vez á semana e nin miran os boletos. Cando veñen miran na máquina a ver se teñen ou non premio. Pero neste caso, se saben que tocou en Laxe o que máis e o que menos vai mirar o recibo", vaticina.

A combinación gañadora foi: 5, 9, 18, 1, 3 e 45. O número complementario correspondeu ao 46 e o reintegro ao 6. A recadación do sorteo ascendeu a 2.683.221 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade