Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feridos cinco bombeiros no incendio de Barreiros que obrigou a cortar a A-8

Feridos cinco bombeiros no incendio de Barreiros que obrigou a cortar a A-8

Os brigadistas tiráronse ao río tras quedar atrapados polas lapas nun cambio brusco de vento

O tráfico na autovía xa está restablecido e o lume queimou máis de 20 hectáreas

G24.gal 14/09/2025 19:24 Última actualización 14/09/2025 21:47

Cinco bombeiros da brigada helitransportada de Castromaior feríronse durante os traballos de extinción dun incendio con dous focos activos que obrigou na tarde deste domingo a cortar a A-8 no concello de Barreiros.

Quedaron atrapados polas lapas nun cambio brusco de vento e tiráronse ao río para salvar a vida. Sufriron queimaduras de diversa consideración, polo que os evacuaron a centos sanitarios.

O incendio comezou sobre as 16:15 horas nas zonas de San Caetano e de Vilamar, entre a autovía e o río Masma, na parroquia de San Xusto de Cabarcos. As primeiras estimacións superan as 20 hectáreas queimadas.

Corte da autovía

O corte de tráfico realizouse á altura da rotonda da Cruz do Lobo. Axentes da Garda Civil con persoal de conservación de estradas regularon o paso de vehículos para desvialos á N-634.

Nesta estrada tamén houbo incidencias xa que a circulación estivo condicionada pola densa fumareda. Medio Rural mobilizou para a extinción do lume forestal un técnico, tres brigadas, oito motobombas, tres pas, tres helicópteros e seis hidroavións. Tamén chegaron desde Asturias efectivos da BRIF.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos