Remolcan a Vigo un pesqueiro con seis tripulantes que quedara sen goberno na costa da Vela
Quedou sen propulsión a 1,5 millas de terra

Salvamento Marítimo coordinou na tarde deste xoves un operativo para auxiliar un pesqueiro con seis tripulantes a bordo que quedara sen goberno na zona da costa da Vela, na boca norte da ría de Vigo.
O aviso chegou ao 112 Galicia contra as 19:45 horas, a través do propio persoal de Salvamento, que solicitou a colaboración do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar.
O pesqueiro portugués Artur e Teresa, de 33 metros de eslora, solicitou asistencia dos servizos de emerxencia cando estaba a unhas 1,5 millas de terra na Costa da Vela, en Cangas.
Á zona diríxese o buque do servizo de Gardacostas Valentín Paz Andrade. O remolcador María Pita tamén saíu de porto.
Pesquero "Artur e Teresa", con 6 tripulantes, informa de estar parado por problema mecánico, en la boca norte de la Ría de Vigo. CCS Vigo moviliza los buques Valentín Paz Andrade @GardacostasGal y María Pita, ante el abatimiento hacia Costa da Vela. María Pita lo remolca a Vigo… pic.twitter.com/yS1FBMBfy0
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) September 11, 2025
Segundo indicaron fontes do operativo, o buque, que ten base en Vigo, quedouse sen propulsión. A Costa da Vela rexistrou ventos débiles, duns 7 nós por hora, con ondas duns 1,5 metros de altura.
O buque pertence á armadora portuguesa La Paloma con sede en Vila Praia de Ancora. Segundo a consellería de Pescacando saltou a alerta o buque estaba sen máquinas cunha certa deriva cara á costa.