Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha empresa galega pioneira en España na venda de xeados para cans

Unha empresa galega pioneira en España na venda de xeados para cans

Prevén facturar tres millóns de euros en 2025

Todos os ingredientes son galegos
G24.gal 31/07/2025 20:15 Última actualización 31/07/2025 20:43

A empresa pontevedresa You Up! Naceu en 2022 e xa está próxima a facturar este ano tres millóns de euros cos seus lácteos para mascotas. Primeiro fixeron iogures, sen lactosa, sen azucre e sen graxa e con probióticos e ingredientes moi interesantes para complementar a alimentación das mascotas.

Hai un ano comezaron tamén a producir xeado haino de panceta, de polo con mazá e mesmo de hot dog con queixo. Pódense tomar do tempo ou xeados e seducen ás mascotas máis esixentes como puidemos comprobar na sede da empresa.

A fabricación é no Levante español pero todos os ingredientes son galegos. Xa recibiron dous galardón importantes, un deles do Cluster de Alimentación de Galicia. 

Grazas ao intenso labor comercial venden xa en 35 países e agardan incrementar esta cifra.

A  gran novidade destes produtos é que se poden conservar a temperatura ambiente e no caso dos iogures veñen en formato "pouch" máis cómodo, máis versátil e con peche por se o can non consome o produto dunha soa vez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade