Curtis rememora as súas orixes na Feira 1900
A localidade recrea o ambiente das feiras de comezos do século XX e celebra a súa historia
Curtis reivindica a súas raíces e volve ser unha aldea na Feira 1900. Hai historia, cultura popular e moita implicación dos veciños nesta festa que é unha homenaxe á memoria colectiva.
"Curtis naceu un pouco antes de 1900 arredor da vúia do tren e da estacón e comezáronse a celebrar unha feiras típicas", recorda unha das veciñas implicadas na organización.
Esas feiras son as que cada ano recrean neste municipio da comarca de Betanzos. Os pequenos postos do mercado están atendidos por comerciantes vestidos de época e hai obradoiros de oficios tradicionais nos que podemos observar os artesáns en pleno proceso creativo.
"E ademais é unha feira feira moi bonita na que nos atopamos con xente coa que hai anos que non falas. Este día relacionáste con todo o mundo porque no día a día xa non tes tempo para nada", explica unha muller ataviada coa vestimenta propia de 1900.
Atopamos varias exposicións no percorrido pola feira, que inevitablemente devolve á infancia os veciños menos novos.
"Era un Curstis no que os nenos xogabamos na rúa e no había poucos coches. As feiras eran rebuldeiras, coma hoxe", lembra outra veciña.
Curtis celebra así as súas raíces e a súa historia. E tamén a tradición e a música.