Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os incendios forestais obrigan a evacuar 7.000 persoas e queiman decenas de casas en Grecia

Os incendios forestais obrigan a evacuar 7.000 persoas e queiman decenas de casas en Grecia

Centos de bombeiros e voluntarios loitan contra unha decena de lumes en distintos puntos do país 

G24.gal 27/07/2025 18:38

Grecia vive desde o luns unha vaga de calor intensa que disparou os termómetros por riba dos 45 graos no sur do país.

En medio desta situación, centos de bombeiros e voluntarios traballan sen descanso contra os incendios forestais, desatados tanto na parte continental coma nas illas, que obrigaron a evacuar arredor de 7.000 persoas e queimaron decenas de casas e negocios, ademais de bosque.

Un dos lume aínda activo declarouse a uns vinte quilómetros da capital, en Kryoneri, onde houbo que desaloxar 5.000 veciños. Nestes momentos está en remisión pero quedan varios focos dispersos. Os residentes na zona lamentan que hai quen perdeu os esforzos de toda unha vida.

Na illa de Cítera, no mar Xónico, a situación é crítica. O sábado foi preciso evacuar unha decena de localidades e este domingo catro máis. 139 persoas atrapadas polas lapas nunha praia tiveron que ser rescatadas polo mar.

Tamén preocupan os lumes que afectan Mesinia, as Illas de Eubea e Creta e a rexión de Kozani.

O primeiro ministro grego asegura que o Estado estará ao lado de todos os que perderon as súas propiedades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade