O día dos avós celebra e recoñece a importancia desta figura como piar da familia
O 26 de xullo, o día dos avós, é o da onomástica de Santa Ana e San Xoaquín, os avós de Xesús de Nazaret
Hoxe 26 de xullo é o día do avós, unha data que conmemora a figura dos maiores como un dos grandes piares das familias. Serven de ponte entre dúas xeracións, transmiten leccións do pasado e responsabilízanse do coidado dos netos mentres os pais están traballando. E despois está iso do amor incondicional. Difícil atopar un avó ou unha avoa que non perda a cabeza polos fillos dos seus fillos.
A cara A de ter netos é a felicidade. Pais ou nai estritos convértense en avós indulxentes e consentidores. A madurez no ocaso da vida lévase ben co esplendor da infancia.
Os avós xogan apesares da artrose, escoitan apesares da xordeira e memorizan horarios a pesares dos esquecementos. A faciana B de ter netos é a preocupación e a ocupación nos anos da xubilación.
O 26 de xullo, o día dos avós, é o da onomástica de Santa Ana e San Xoaquín, os avós de Xesús de Nazaret.