Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller de avanzada idade en estado crítico por un incendio nun piso en Vigo

Unha muller de avanzada idade en estado crítico por un incendio nun piso en Vigo

Dez minutos antes das 15 horas, distintos particulares alertaron o 112 Galicia e que explicaron que ardía unha vivenda nun edificio da rúa de Venezuela

G24.gal 30/05/2026 16:42

Unha muller de avanzada idade foi trasladada ao hospital en estado crítico por un incendio nun piso en Vigo.

Dez minutos antes das 15 horas, distintos particulares alertaron o 112 Galicia e que explicaron que ardía unha vivenda nun edificio da rúa de Venezuela, en Vigo.

Os alertadores sinalaron que vían lapas e os corredores do edificio estaban cheos de fume. Tamén, que crían que no interior do piso había unha persoa que non podía saír.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e da Policía Nacional e Local de Vigo.

O incendio comezou nunha habitación da sexta planta, aínda se descoñecen as causas.

Urxencias Sanitarias de Galicia confirmou que evacuaron unha muller de avanzada idade en estado crítico ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Ademais, tiveron que desaloxar aos veciños debido ao fume.

O lume está xa apagado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade