Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varios mortos e feridos tras descarrilar un tren no sur de Alemaña

Varios mortos e feridos tras descarrilar un tren no sur de Alemaña

As primeiras informacións dalgúns medios alemáns, a causa do accidente podería ser un desprendemento

Os servizos de emerxencia sospeitan que a plataforma da vía sería arrastrada por mor da forte choiva

Tren descarrilado no sur de Alemaña. Foto: Thomas Warnack AFP. Tren descarrilado no sur de Alemaña. Foto: Thomas Warnack AFP.
G24.gal 27/07/2025 21:22 Última actualización 27/07/2025 22:00

Un tren rexional, con polo menos cen viaxeiros a bordo, descarrilou no estado federado de Baden-Württemberg, o sur de Alemaña. No accidente quedaron feridas varias persoas e algún medios falan de varios mortos, sen que ata o de agora exista confirmación oficial de falecidos no sinistro.

O diario Schwäbische Zeitung fala de polo menos tres mortos e 34 feridos, algúns deles de gravidade, mentres se espera unha confirmación oficial.

Segundo están a falar os medios de comunicación, o ministro rexional do Interior, Thomas Strobl, está de camiño ao lugar dos feitos, que se produciron cara ás 18:10 horas (16:10 GMT).

No accidente saíron das vías varios vagóns do tren que cubría a ruta Siegmaringen-Ulm.

Segundo as primeiras informacións dalgúns medios alemáns, a causa do accidente podería ser un desprendemento e que os servizos de emerxencia sospeitan que a plataforma da vía sería arrastrada por mor da forte choiva.

O chanceler Merz transmitiu o pésame aos familiares das vítimas no accidente, cuxas causas se descoñecen de momento.

Equipos de rescate no tren descarrilado no sur de Alemaña. Foto: Thomas Warnack AFP. Equipos de rescate no tren descarrilado no sur de Alemaña. Foto: Thomas Warnack AFP.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade