Publicador de contidos

Publicador de contidos

Todo o que entra na maleta de man

Todo o que entra na maleta de man

Estirada, en rolos ou envasada ao baleiro, cadaquén ten os seus trucos para acomodar a roupa

A última tendencia son as mochilas que fan o baleiro

En Internet pódense atopar moitos titoriais para acomodar á perfección todo o que se quere levar
G24.gal 01/08/2025 14:04 Última actualización 01/08/2025 15:57

Coas tarifas que cobran as aeoroliñas, facturar non é unha opción. Sobre todo cando son viaxes curtas.  Así que o que toca é acomodar toda a roupa na equipaxe de man. E iso pode ser misión case imposible. 

"Foi algo... misión imposible, a verdade, botamos tres días para facer a maleta, dar cadrado todo"

"Foi difícil, pero si o facemos, lográmolo moi ben", comentan varias pasaxeiras

Internet adoita ser unha fonte de inspiración.

 "Vin titoriais en Internet para poder dobrar a roupa, si"

 "Sempre nos dan boas ideas"

Logo cadaquén colle a que mellor lle parece.

"De cada conxunto un rolo e entra mogollón, moitísimo máis"

 "Ben pasada polo ferro de pasar, vai do mellor"

"Dobro, fago como carpetiñas, unhas enriba das outras e vou dobrando todo en cadradiños"

"Así un pouco coma o tétris, eu collín do armario o que estaba dobrado xa e metino"

"Levo, como ves, toda enroladiña para que ocupe menos", explican

Envasar a roupa ao baleiro empeza a ser unha tendencia que cada vez gaña máis adeptos.

 "Si, probeino, moi ben tamén"

Cando a viaxe é a un sitio onde vai frío, non queda outra que levar capas enriba, porque esa si que na maleta pequena non entra.

 "Lévar a térmica, un ou dous xerseis, chaqueta posta que parece que vas para Siberia máis de que vas de viaxe"

O que nos queda claro é que querer é poder.

 " Vou 16 días e levo só esta maleta. Cabe moitísimo, e aínda levo tres libros e o ferro de pasar de viaxe. Levo a toalla tipo pareo, un vestidiño de praia e todo. Aí vai perfecto, que vos parece?

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade