Os apartamentos turísticos Areas, en Sanxenxo, reciben da Xunta o distintivo do programa Carné +65
Este programa achega beneficios aos maiores de 65 anos, con descontos en establecementos de turismo, de ocio, de gastronomía
Nestes momentos máis de 600.000 galegos e galegas xa teñen o carné +65 e o programa conta con máis de 900 establecementos adheridos
Os apartamentos turísticos Areas, en Sanxenxo, contan xa co selo distintivo do programa Carné +65. Un programa da Xunta que achega beneficios aos maiores de 65 anos, con descontos en establecementos de turismo, de ocio, de gastronomía.
"Hoxe visitamos estes apartamentos Areas para concederlle ese distintivo do carné +65, un novo distintivo que o que pretende é animar a todos os galegos maiores de 65 anos a que visiten Galicia, a que coñezan Galicia e que gocen dos descontos e promocións nos lugares hoteleiros na nosa comunidade", di Fabiola García, conselleira de Política Social.
Un dos obxectivos do programa é axudar as persoas maiores a que poidan gozar do turismo e da gastronomía en Galicia con importantes descontos.
"Buscamos colaborar non só coa dinamización do concello, da contorna e colaborar tamén coas persoas maiores para que poidan desfrutar da zona de Sanxenxo, da zona de Areas e encantado de recibilos", Marcelo Radío, propietario dos apartamentos turísticos Areas.
Nestes momentos máis de 600.000 galegos e galegas xa teñen o carné +65 e o programa conta con máis de 900 establecementos adheridos.
"É un elemento que axuda a desestacionalizar, que é tamén algo que buscamos todo o ano. Despois de xullo e agosto os outros dez meses é o que nos custa. Estas ferramentas colaboran dunha maneira moi importante", engade Marcelo Radío.
