As perspectivas turísticas na Ribeira Sacra superan as expectativas este verán
En xullo a ocupación diaria foi de 8.200 prazas diarias, dúas mil máis que o ano anterior e para agosto as reservas xa rozan o noventa por cento
A Ribeira Sacra volve ser o lugar escollido por moitos visitantes para pasar as vacacións. O responsable dun establecemento turístico de Sober, Miguel Piñeiro, manifesta que "no verán estamos todas as pontes festivas desde o 2023 ao cen por cento".
Corrobora estes datos o dono do pazo, Manuel Viéitez, "estamos a tope porque é temporada alta, pero tamén temos unha ocupación alta o resto do ano".
A ocupación en xullo foi de 8.200 prazas diarias, dous mil máis que o ano pasado. Os turistas acoden pola paisaxe, o viño e a historia dun territorio que aspira a ser Patrimonio da Humanidade.
Así o indica Miguel Piñeiro, que destaca que "o principal reclamo é o viño" e que non é un destino masificado. Algúns hóspedes apoian este argumento e afirman que "a paisaxe é incrible".
As previsións para agosto superan as de xullo, con case 90 por cento de reservas.