Publicador de contidos

Publicador de contidos

A lotaría de Nadal fai o seu agosto

A lotaría de Nadal fai o seu agosto

Os turistas aproveitan a mercar a lotaría no lugar de vacacións

O que se vende este ano son as terminacións en 25

Levar lotaría de Nadal a familiares e amigos é unha tradición consolidada

A venda de números comezou en xullo
G24.gal 21/08/2025 14:29 Última actualización 21/08/2025 14:54

Á sorte hai quen lle anda atrás todo o ano e a máis famosa, a do Nadal, custa vinte euros o décimo. A venda de números comezou en xullo e marcha a bo ritmo. Como un grupo de xubilados andaluces que sempre merca aló onde van. 

En Santiago, os turistas amoréanse nas administracións de lotería á procura dun belisco de fortuna ao final do camiño, As ringleiras  en pleno agosto dan conta da querenza que hai polo sorteo. O responsable dunha administración compostelá explica que dende Semana Santa lle están pedindo décimos de Nadal.

Polo de agora entre os máis vendidos están os números que acaban como este ano, no 25. Outros deciden deixar todo da man do azar, da intuición ou da deusa fortuna. O único que é cientificamente demostrable en todo isto é que se non se xoga, non vai tocar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade